Quen somos Quen somos

Quen somos

Somos asesores de empresas. Segundo o dicionario da Real Academia Galega, asesorar significa:

asesorar: v.t. 1. Indicar [a alguén] o que debe facer, dar consello a [nun asunto]. Asesorouno para por un negocio. // v.p. 2. Pedir información ou aconsellar [sobre algún asunto]. Asesorouse ben antes de investir tanto diñeiro. u SIN. orientar(se).

Esta definición é unha máxima que temos moi presente no noso día a día, porque aspiramos a ser algo máis que simples tramitadores ou xestores de documentación. Non queremos que a relación cos nosos clientes se reduza a un simple intercambio de papeis (facturas por impostos...)

Pretendemos ir máis alá: queremos asesoralo, aconsellalo, convertirnos na súa man dereita e así medrar con vostede, porque ambos temos un obxectivo común: o éxito empresarial. E o éxito dos nosos clientes é o noso éxito.

Este obxectivo só se acada a través dun diálogo fluído que nos permita saber en todo momento o que pensa, cales son os seus proxectos, os seus obxectivos, os seus soños...

Somos unha empresa con vocación de servizo. O máis importante para nos é acadar a satisfacción plena de todos e cada un dos nosos clientes, por encima de calquera outra cousa.