Contanós non inviste un só centimo en publicidade

Queremos asesorarte, aconsellarte, converternos na túa man dereita e así medrar contigo, porque temos un obxectivo común: o éxito empresarial. E o éxito dos nosos clientes é o noso éxito.

¿Por qué nos elixen os nosos clientes?

Ademais da cercanía e a profesionalidade coa que tratamos aos nosos clientes, caracterízanos unha profunda vocación de servizo, que unida á seriedade, a experiencia, a ética e a busca da calidade na prestación do servizo, fannos gozar da plena confianza dos nosos clientes.

Contanós non inviste nin un céntimo en publicidade porque os nosos clientes fánnola de balde. O mellor investimento publicitario é, ó noso entender, investir en coidar e satisfacer ós nosos clientes. O boca a boca fai o resto…

ASESORES DE EMPRESAS

Blue-Separator-Line-Image

SOMOS UNHA EMPRESA CON VOCACIÓN DE SERVIZO

Blue-Separator-Line-Image

Aspiramos a ser algo máis que simples tramitadores ou xestores. Non queremos que a relación cos nosos clientes se reduza a un simple intercambio de documentación.

O máis importante para nós é acadar a satisfacción plena de todos e cada un dos nosos clientes, por encima de calquera outra cousa.

Pretendemos ir máis aló

Queremos asesorarte, aconsellarte, converternos na túa man dereita e así medrar contigo, porque temos un obxectivo común: o éxito empresarial. E o éxito dos nosos clientes é o noso éxito.

A NOSA HISTORIA

Blue-Separator-Line-Image
blank image

2001

En setembro, Zenaida Zas e Antón do Río, tras licenciármonos en Ciencias Empresarias e despois dun tempo traballando por conta allea na busca da necesaria experiencia, fundamos CONTANÓS ASESORES·ECONOMISTAS, nun pequeno despacho situado moi cerca das oficinas actuais.

blank image

2004

Ampliamos o abano de servizos prestados, pasando a ser mediadores de seguros e administradores de fincas, fito que xunto co crecemento experimentado pola actividade principal, nos obriga a ampliar o equipo de profesionais do despacho.

blank image

2007

Tras seis anos de exitoso crecemento, decidimos ampliar novamente o equipo de profesionais e ademais, por problemas de espazo, optamos por adquirir un novo local mais grande a pé de rúa. Despois de reformalo, trasladamos a sede da empresa ás instalacións actuais.

blank image

2012

Os peores anos da crise non nos afectan e volvemos a ampliar o equipo incorporando un novo profesional altamente cualificado, para poder satisfacer as necesidades da cada vez máis numerosa carteira de clientes.

blank image

2018

Seguimos medrando pero esta vez, considerando que xa temos acadado o tamaño ideal, no canto de ampliar o equipo, tomamos a decisión de abandonar unha das nosas actividades secundarias, a de administración de fincas, para centrarnos na nosa actividade principal.

NÓS

EXPERIENCIA

Dende 2001 asesorando empresas e autónomos e facéndolles o traballo máis fácil.

VOCACIÓN

Implicados co noso traballo e especialmente con axudar ós nosos clientes a conseguir os seus obxectivos.

SATISFACCIÓN

O máis importante para nós é acadar a satisfacción plena de todos e cada un dos nosos clientes, por encima de calquera outra cousa.

¿FALAMOS?

Blue-Separator-Line-Image

Podes poñerte en contacto con nós sen ningún tipo de compromiso a continuación: